|
Mándanos a túa música!
|
| (01/03/08) escrito por jose |
O Blog Barrio dos Mallos, http://mallos.es, ten por costume elaborar vídeos musicais sobre
o barrio, xa van varios e moitos máis virán. Para elaborar os vídeos
que están por vir, o Blog cambia a súa forma de actuar e cederá
libremente a parte musical dos vídeos para a promoción da música
elaborada polos grupos da cidade.
Se queres que o teu grupo apareza na sección "Música" e que algún dos vídeos do Blog Barrio dos Mallos leve a música do teu grupo, escribe a barriodosmallos@gmail.com.
Todos os grupos participantes serán engadidos á sección "Música"
do Blog e nela, poderán incluir unha ligazón ó seu espazo web,
engadir unha imaxe ou logo, facer unha descrición do grupo, etc., é
dicir, promocionarse gratuitamente. Será a partir dos grupos presentes
nesta sección, onde a Administración do Blog escollerá a música para
cada vídeo. Por diferentes motivos, non se pode garantir que todos os
grupos participantes vaian a saír nalgún dos vídeos que se elaboren,
pero si que se garante a súa presenza e promoción na sección "Música", que inclúe saír na portada do blog durante alomenos unha semana.
Ó comezo de cada vídeo, indicaranse os datos do grupo autor da música.
Terán preferencia os grupos que teñan algún tipo de relación co barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación.
Non importa o estilo de música nin a lingua empregada na letra das cancións.
http://mallos.es
Votar favorito (34) | Visto: 1389
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
| [Volver] |