|
Subvencións a entidades para o desenvolvemento de programas de promoción e formación de mulleres
|
| (25/06/08) escrito por Antonio |
Poderán solicitar as axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. Prazo de presentación: do 25 de xuño ao 24 de xullo de 2008, ambos incluídos.
Programa 1: de promoción de actividades Programa 2: centros de atención especializada. Programa 3: recursos especializados (financiamento da prestación de recursos especializados ás mulleres co fin de superar situacións de marxinación ou de desigualdade).
Programa 4: estímulo á formación de mulleres (fomentar a mellora da capacitación das mulleres para ingresar no mercado de traballo no rol de asalariadas ou de traballadoras autónomas, para avanzar na solución da segregación horizontal e vertical por mor do xénero que sofre o mercado laboral galego, mediante a execución das seguintes actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo:
a) Apoio a programas destinados a facilitar a inserción laboral das mulleres impulsando a súa cualificación profesional naquelas profesións en que se atopen subrepresentadas e que sexan demandadas polo mercado de traballo.
b) Apoio a programas de formación en novas tecnoloxías para mulleres, nomeadamente aqueles que apostan por un desenvolvemento sustentable.
c) Apoio a proxectos formativos de carácter singular que poidan achegar un valor engadido ás accións anteriores.
d) Apoio a programas de formación que contribúan a sacar ao mercado e aos servizos públicos os labores de coidado que realizan maioritariamente as mulleres de xeito gratuíto nos fogares.).
+ info DOG nº 121, martes
24 de xuño de 2008 http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/53ca87912204b95ec1257471005c9863/$FILE/12100D011P053.PDF
Servizo Galego de
Promoción da Igualdade do Home e da Muller:
Tlf.: 981545366 Fax: 981545365
Correo
electrónico: sgpihm@xunta.es
Delegación
Provincial do Servizo Galego de Promoción da Igualdade: Avda. do Exército 2 - 15006. A
Coruña Tfno: 981.185.771 |
| [Volver] |