|
Mándanos a túa música!
|
| (01/03/08) escrito por jose |
| O Blog Barrio dos Mallos, http://mallos.es , ten por costume elaborar vídeos musicais sobre
o barrio, xa van varios e moitos máis virán. Para elaborar os vídeos
que están por vir, o Blog cambia a súa forma de actuar e cederá
libremente a parte musical dos vídeos para a promoción da música
elaborada polos grupos da cidade. Se queres que o teu grupo apareza na sección " Música " e que algún dos vídeos do Blog Barrio dos Mallos leve a música do teu grupo, escribe a barriodosmallos@gmail.com . Todos os grupos participantes serán engadidos á sección " Música "
do Blog e nela, poderán incluir unha ligazón ó seu espazo web,
engadir unha imaxe ou logo, facer unha descrición do grupo, etc., é
dicir, promocionarse gratuitamente. Será a partir dos grupos presentes
nesta sección, onde a Administración do Blog escollerá a música para
cada vídeo. Por diferentes motivos, non se pode garantir que todos os
grupos participantes vaian a saír nalgún dos vídeos que se elaboren,
pero si que se garante a súa presenza e promoción na sección " Música ", que inclúe saír na portada do blog durante alomenos unha semana. Ó comezo de cada vídeo, indicaranse os datos do grupo autor da música. Terán preferencia os grupos que teñan algún tipo de relación co barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación. Non importa o estilo de música nin a lingua empregada na letra das cancións. http://mallos.es |
|
Barrio dos Mallos
|
| (12/04/07) escrito por jose |
| O movemento veciñal vai pasando pouco a pouco á modernidade. Nos últimos tempos naceu a "blogosfera veciñal coruñesa", na que algúns veciños da cidade decidiron colocar un lugar de reunión na rede para intentar chegar mellor á xente. Uns o fixeron en modo web habitual e clásica, en cambio, outros decidíronse por crear blogs sobre o seu vecindario.
Nese punto estamos nos, os Administradores e creadores do Blog Barrio dos Mallos, cuia dirección é http://osmallos.blogspot.com
Este é un blog particular sobre o Barrio Sagrada Familia-Os Mallos-Estación na Coruña. Ante a case nula presencia do Barrio en internet, decidímonos a iniciar este camiño buscando ser un lugar de encontro e participación dos veciños do barrio, sen máis obxectivo que mellorar a información existente sobre o barrio. E se de algunha maneira, este blog pode servir para axudar en algo o barrio, benvido sexa. O Barrio, que existe como tal dende os anos 50, ten uns 35.000 veciños.
A Administración do Blog dos Mallos non somos ninguna asociación de veciños nin representamos a ninguén, únicamente somos veciños do barrio que colocaron as ferramentas necesarias para que o barrio Sagrada Familia, Os Mallos, Estación teña un rincón na rede de información e utilidade para os demais veciños.
Todos aqueles que sexades veciños das zonas descritas, non dubidedes en entrar no blog e participar, pois deso se trata. E se queredes colaborar máis activamente, poñédevos en contacto con nós. Os que non sodes veciños estades invitados igualmente a visitarnos e participar coas vosas opinións, o blog tamén servirá para que coñezades mellor o barrio.
Un Saúdo a todos!!! |