|
ADEGA e veciños/as de San Cibrao piden a revisión das licenzas que permitiron a desfeita dun castro |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
31/07/08 |
Castro da Atalaia, San Cibrao (Cervo). ADEGA lembra
que estas licenzas urbanísticas xa teñen sido denunciadas ante a
Delegación de Cultura no momento de iniciárense as obras, o que deu
lugar a unha orde de paralización que o Concello de Cervo non executou até unha semana despois de recibida, cando veciños de San Cibrao paralizaron os camións.
Mariña Patrimonio destaca a alta densidade de estruturas e materiais
encontrados e o seu relativo bo estado de conservación con materiais
perfectamente identificábeis. ADEGA explicou en rolda de prensa as
intencións deste recurso, para tratar de salvar e poñer en valor todo o conxunto do xacemento arqueolóxico. + info en adega.info
Votar favorito (26) | Visto: 2905
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |