Situado nun escarpado rochedo na
gorxa do río Pambre ten do outro lado o castro de Remonde. Este
monumento do século XIV é un dos poucos castelos que os irmandinhos
deixaran en pé cando a revolta da “Fusquenlla”. Mais na actualidade,
pemanece pechado todos os días do ano e o seu estado é bastante
calamitoso, embora se encontren os muros aínda en pé. Nestes comezan a
aparecer perigosas fendas que poden pór en perigo a fortaleza. As
almeas faltan, na súa maioria, e as hedras medran polas paredes. Os
arredores non están mellor coidados. Esqueletes de invernadoiros
abandoados ocupan unha gran finca veciña. O Castelo foi declarado Ben
de Interese Cultural. Porén a porta fica pechada para os muitos
visitantes que por alí se achegan. Só un can ladra fero tras dela.
A Plataforma Social pola Defensa do
Alto Ulla ven organizando dende hai 5 anos esta marcha reinvidicativa,
en colaboración con ADEGA, coa finalidade de incorporar o castelo á
sociedade por ser este un dos iconos de promoción da comarca da Ulloa e
de Galiza. O
obxectivo seria recuparar o castelo para diferentes usos, como
encontros, conferenzas, cursos de verao, aulas da natureza, etc. que
poñan en valor todo o riquísimo patrimonio da Ulloa. Ao
ter sido declarado BIC existe a obriga de abrilo ao público 4 veces por
més. Dende a Dirección Xeral de Patrimonio xa se reclamou ao dono que
cumprise con este condicionante, contemplado na Lei de Patrimonio,
previos os necesarios requisitos previstos na lei como o de amparo
económico etc. Poderían xerarse varios postos de traballo para o
coidado e preservación do Ben, que fariín deste monumento un ben
sustentábel, económicamente falando, alén do beneficio para a sociedade
que a súa apertura pode representar. Mais
agora,o tempo está a gañar a batalla á conservación. Canto máis pase
sen nós reaccionar peor estará. Que o que non fixeron os Irmadinhos non
o vaia facer o abandono e o tempo! Plataforma pola Defensa do Alto Ulla. Veciños e Asociacións da Comarca. ADEGA Publicado en adega.info Votar favorito (25) | Visto: 5347
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |