Opina con nosotros.
En esta sección puedes opinar sobre cualquier tema que consideres interesante en la localidad: musica, empleo, deportes, actividades, etc.
|
Galicia Calidade promociona os produtos galegos no Festival de Cine de San Sebastián |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
23/09/08 |
Galicia Calidade realiza hoxe unha degustación de produtos no Festival de Cine de San Sebastián, que se está a celebrar esta semana en Donosti. O xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, asiste á entrega do Premio Cidade de San Sebastián á película galega Pradolongo e á súa proxección oficial no evento. A continuación, o emblemático hotel donostiarra María Cristina acollerá a degustación de produtos adheridos á Galicia Calidade durante a celebración do premio anteriormente citado.
Galicia Calidade sabe da importancia que ten para os produtos adheridos á nosa marca de garantía a proxección dentro de Galicia pero tamén fóra dela. Froito desta importancia o ente público levará os mellores produtos galegos até o Festival de San Sebastián, un evento cinematográfico de recoñecido prestixio tanto dentro como fóra do Estado español, e que serve excepcionalmente aos obxectivos de promoción das empresas que teñen os seus produtos amparados pola marca de garantía. Fonte http://novas.xunta.es/node/11551
Votar favorito (16) | Visto: 3607
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |