|
Sesión informativa “Software Libre contra a crisis” na Cámara de Comercio da Coruña |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
13/10/08 |
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) da inicio o vindeiro martes día 14 de outubro
na Coruña, coa xornada “Software Libre contra a crisis”, un ciclo de
sesións informativas destinadas a dar a coñecer ás empresas galegas as
vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas. Esta primeira
cita terá lugar no salón de actos da Cámara de Comercio da Coruña (Rúa Alameda, 30, 1º)
e nela intervirá como relator Roberto Brenlla, economista especializado
en Tecnoloxías da información e fundador de Tegnix, unha das 24
empresas que se integran en Agasol.
A sesión dará comezo ás 19,30 horas e non estenderá
máis de dúas horas. Nela está previsto desenvolver un programa dirixido
a que xerentes, responsables de finanzas, estratexia ou tecnoloxías da
información amplien o seu coñecemento sobre que é o Software Libre,
Linux, os Estándares Abertos e as súas vantaxes competitivas en canto a
aforro de custos ou adaptabilidad. Ademais se exemplificará con
implantacións desenvolvidas en empresas, institucións ou mesmo na
Administración.
Os asistentes, que poderán inscribirse de maneira gratuíta no teléfono 981 21 60 72,
recibirán o DVD “Ferramentas informáticas para a PEME”, elaborado pola
Consellería de Innovación e Industria, que inclúe un amplo
recompilatorio de software de uso empresarial libre, gratuíto e legal. Fonte agasol.com | Vía mancomun.org
Votar favorito (9) | Visto: 2014
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 13/10/08 )
|