Chat | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (728 art.) | |
| Antonio (269 art.) | |
| anxo (178 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (22 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (121 art.) | |
| gelines (70 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| Rondándonos unha crise?. |
|
|
|
| escrito por El enterrador | ||||||
| 04/09/07 | ||||||
O paro subeu en agosto en case 58.000 persoas e foi o agosto con máis parados dos últimos 20 anos (colloudo).A SS perdeu no mesmo mes 254.000 afiliados. O euribor cabalgando xa ata o 4,792% (pobres dos que teñan unha hipoteca media-alta). O pan, alimentos frescos como cebolas ou xudías a prezo de marisco (non, non estou esaxerando tanto). A luz, combustibles, auga... todo polas nubes. Outro dato; a confianza dos consumidores descendeu tamén neste mes pasado, e non olvidemos que o consumo interno foi o motor da economía española nestes últimos anos. Vamos, como andar moi confiados. Hasta os parkings, coas novas tarifas de pagar por minutos, son mais caros que antes. E outro apunte: a Fundación das Caixas de Aforro (Funcas), estima que a caída da actividade constructora costará catro décimas de PIB e 200.000 empleos o próximo ano. E a clase política coa mesma historia: "no hay ningún problema...", "son pequeños desajustes...", "es una tendencia transitoria...", etc. etc, pero eles blindándose o peto cun sobresoldo de 15.000 euros "de moca" para toda a vida. Supoñemos, que nestes días para despistarnos da crúa realidade voltarán co Prestige, coa guerra de Irak, cos estatutos de autonomía e con outras andainas que ós mortais nos importan unha merda porque non nos dan de comer. Pois eu digo que esto pinta mal, moi mal. Sacando políticos e funcionarios (que cobran chova ou non chova), ós demáis vainos costar ferro e fariña chegar a fin de mes, e eso se na empresa non nos mandan a fría rúa. Ogallá me equivoque. Votar favorito (48) | Visto: 1395
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons