Traduce con google | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (742 art.) | |
| Antonio (280 art.) | |
| anxo (184 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (22 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (122 art.) | |
| gelines (71 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| El gallego, ¿de moda en la publicidad?. |
|
|
|
| escrito por El enterrador | ||||||
| 30/11/07 | ||||||
|
"El gallego, de moda en la publicidad". Lucimento para un xornal coruñés que non vale a pena que nomee. Basean o artigo nun anuncio publicitario que de casualidade funcionou como é o de Gadis. Tamén está de moda a publicidade de Puntomatic e non por iso os homes se pelexan por poñer a lavadora ou coller o ferro de pasar. Tamén podería afirmar que o alemán está de moda, polo exitazo que son Tokio Hotel e máis non se me pasa pola cabeza. Buscade por exemplo o video "Monsoon" en Youtube e veredes. "Las señas de identidad de Galicia venden". Si, venden, como non venda máis Coren ou Inditex... Pois manda carallo que diríamos os galegos. Ogallá fora certo, os galegos queremos o mellor para o noso país, pero moito nos tememos que esa campaña vaise esquencer. Sabedes cales son as señas de identidade de Galicia?. Hai van algunhas: - Lingua propia, cultura e tradicións propias. - O bon comer e o bon beber: Albariño, Ribeiro, polbo á feira, os grelos... - As fermosas paisaxes: praias, montes e ríos. - As empresas: Pescanova, Coren, Inditex... - E por suposto as galeguiñas. Chorradas despois dun día de botellón, non, gracias. Por desgracia, a publicidade en galego nin vende en Galicia, para canto máis fóra. Ogallá vendera! Votar favorito (40) | Visto: 1686
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML |