Regístrate y envía artículos, noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
|
Matar o porquiño a coitelo xa é delicto |
|
|
|
|
escrito por El enterrador
|
|
10/12/07 |
Pois si, pasar a coitelo, chegadas estas datas ó porco, coidado durante todo un ano para mandar á pota nestas datas, xa é delicto. E mira que era tradición na nosa Galicia!. Recordo de pequeno no pobo, que a Navidade non empezaba cos canturreos dos nenos de San Ildefonso, senón cos berridos do marrán, agarrado polos homes e mozos do pobo; que, entre chupito e chupito de orujo, a metade das veces, palmaba antes co noso vafo a alcohol que desangrado. Digo con sentido de culpa, xa que me tocou moitas veces agarrarme ó animaliño, e demo que pateaba de carallo, claro, todo o ano comendo e sen dar pau (coma a clase política deste país máis ou menos), tiña que ter forza a narices, quero dicir, a fuciños. Tempos aqueles! Agora, melloramos no trato ó animal, ainda que a carne que nos venden ven cargada de tantos conservantes, corantes, antioxidantes e máis merdas acabadas en ante, que ata "acojona" meterlle o dente. Pero bueno, polo menos, a partir de agora, o bicho terá un trato máis humán, incluso máis, do que recibe moita xente noutras partes do mundo.
Votar favorito (42) | Visto: 1342
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |