|
Imposto de sucesións. O imposto da xente humilde |
|
|
|
|
escrito por El enterrador
|
|
17/12/07 |
Despois de traballar toda unha vida coma un cabrón e pagar impostos relixiosamente ano tras ano, os meus fillos deberán volver a pagar o puñetero imposto de sucesións, para quedarse cos catro euros, que tanto e tanto traballo me costou adiquirir ao longo da miña vida. Que que é este imposto?. Pois un "invento" para quitarche o sangue aínda estando morto, e que por suposto, só perxudica ós máis humildes, posto que os ricos, coñecen fórmulas financeiras e fiscais para ter que pagar menos ou nada incluso. É quizáis o imposto máis inxusto que existe; tanto é así que incluso nalgunha comunidade autónoma non se paga mentres que noutra, quítanche os ollos. Preguntado o noso Presidente Touriño polo asunto, pero claro, de eliminalo nada, faltaría máis. Pregúntome eu, e istes son socialistas e obreiros?. Eliminádeo dunha vez!.
Votar favorito (49) | Visto: 1614
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 17/12/07 )
|