07/01/09Inicio arrow Traduce con google

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (774 art.)
Antonio (300 art.)
anxo (192 art.)
arrevoire (3 art.)
censuras (23 art.)
charliepujol (1 art.)
El enterrador (129 art.)
gelines (77 art.)
Gradiva (7 art.)
osmallos (3 art.)
paco (20 art.)
san benito (3 art.)
sandra (5 art.)
Thor (12 art.)


Google

XV Certame Literario de Poesía e narración breve. Cambre PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
20/02/08
Co obxectivo de estimular a creación literaria e fomentar a súa difusión entre os  mozos/-as, os Equipos de Normalización  Lingüística e os Departamentos de Lingua Galega e Literatura dos dous Institutos de Educación Secundaria de Cambre, David Buján e Afonso X O Sabio, as asociacións de nais e pais e a Concellaría de Cultura e Turismo do Concello de Cambre, convocan esta XV edición do CERTAME LITERARIO de acordo coas seguintes:

B A S E S

PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera mozo/-a de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos, segundo as seguintes categorías:

CATEGORÍA A: de 12 a 14 anos
CATEGORÍA B: de 15 a 18 anos
CATEGORÍA C: de 19 a 26 anos

SEGUNDA.- Cada participante poderá presentar unha proposta  a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco folios e o tema libre.

TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais e inéditos.

CUARTA.- Presentaranse mecanografados a dobre espazo, por unha sola cara, numerados e sen asinar. Entregaranse orixinal e catro copias nun sobre no que figure: CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración ou poesía). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI, o teléfono e o centro no que estudia ou traballa, se é o caso.

QUINTA.- Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos ou ben seren enviados por correo ordinario a:

Concello de Cambre - C. Cultura e Turismo
Adro, 1 - 15660 Cambre

SEXTA.- Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda   que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. A cantidade en efectivo será de:

CATEGORIA A: 1º Premio: 230,00 € 2º Premio: 170,00 €
CATEGORIA B: 1º Premio: 290,00 € 2º Premio: 200,00 €
CATEGORIA C: 1º Premio: 400,00 € 2º Premio: 230,00 €

Aos premios practicaránselles as retencións legalmente estabelecidas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

SÉTIMA.- A data límite de entrega de traballos será o día venres, 11 de abril de 2008.

OITAVA.- Os membros do xurado serán elixidos polo Comité Organizador do Certame, e daranse a coñecer o mesmo día do fallo. A entrega de premios terá lugar no IES Afonso X o venres 23 de maio de 2008.

NOVENA.- A organización do Certame resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. Neste sentido os autores renuncian a calquera tipo de remuneración polos dereitos de autor.

DÉCIMA.- Os traballos non premiados poderán ser solicitados polos seus autores ata un mes despois do fallo do xurado. Aqueles que non sexan reclamados destruiranse pasado este prazo.

UNDÉCIMA.- O xurado está facultado para tomar a decisión que considere oportuna ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación implica a aceptación de todas elas.



Votar favorito (38) | Visto: 14836

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons