Buscar en este sitio | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (771 art.) | |
| Antonio (300 art.) | |
| anxo (192 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (23 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (129 art.) | |
| gelines (77 art.) | |
| Gradiva (7 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| XV Certame Literario de Poesía e narración breve. Cambre |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 20/02/08 | ||||||
|
B A S E S PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera mozo/-a de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos, segundo as seguintes categorías: CATEGORÍA A: de 12 a 14 anos CATEGORÍA B: de 15 a 18 anos CATEGORÍA C: de 19 a 26 anos SEGUNDA.- Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco folios e o tema libre. TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais e inéditos. CUARTA.- Presentaranse mecanografados a dobre espazo, por unha sola cara, numerados e sen asinar. Entregaranse orixinal e catro copias nun sobre no que figure: CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración ou poesía). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI, o teléfono e o centro no que estudia ou traballa, se é o caso. QUINTA.- Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos ou ben seren enviados por correo ordinario a: Concello de Cambre - C. Cultura e Turismo Adro, 1 - 15660 Cambre SEXTA.- Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. A cantidade en efectivo será de: CATEGORIA A: 1º Premio: 230,00 € 2º Premio: 170,00 € CATEGORIA B: 1º Premio: 290,00 € 2º Premio: 200,00 € CATEGORIA C: 1º Premio: 400,00 € 2º Premio: 230,00 € Aos premios practicaránselles as retencións legalmente estabelecidas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. SÉTIMA.- A data límite de entrega de traballos será o día venres, 11 de abril de 2008. OITAVA.- Os membros do xurado serán elixidos polo Comité Organizador do Certame, e daranse a coñecer o mesmo día do fallo. A entrega de premios terá lugar no IES Afonso X o venres 23 de maio de 2008. NOVENA.- A organización do Certame resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. Neste sentido os autores renuncian a calquera tipo de remuneración polos dereitos de autor. DÉCIMA.- Os traballos non premiados poderán ser solicitados polos seus autores ata un mes despois do fallo do xurado. Aqueles que non sexan reclamados destruiranse pasado este prazo. UNDÉCIMA.- O xurado está facultado para tomar a decisión que considere oportuna ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación implica a aceptación de todas elas. Votar favorito (38) | Visto: 14830
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML |