Regístrate y envía artículos, noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
|
Primavera Activa. Un programa de actividades en casas rurais para mozos galego |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
29/02/08 |
Primavera Activa, e un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo - Turgalicia. Poderán participar mozas e mozos entre 18 e 35 anos. Datas: Marzo, Abril e Maio.
O PROGRAMA INCLÚE
* Aloxamento en casas de turismo rural. * Manutención completa (venres: cea, sábado: almorzo, xantar e cea, domingo: almorzo). * Transporte dos participantes desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado. * Programa de actividades, equipo de monitores e material para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas)
MATERIAL NECESARIO
Útiles de aseo, roupa axeitada, roupa usada e cómoda, roupa de abrigo e chuvia, roupa deportiva, calzado forte e cómodo e calzado deportivo. PRAZAS
O número máximo de participantes en cada unha das fins de semana será de 24. PREZO
60 € por praza. Os posuidores do carné xove Euro <26 e do carné Máis (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%. Aqueles mozos que obteñan praza deberán ingresar a cota nos dous días seguintes á confirmación das prazas no número de conta sinalado ao facer a reserva, indicando a opción e fin de semana na que van participar. O xustificante de facer dito ingreso deberá ser remitido por fax a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (981 54 58 43) Mais info: www.primaveractiva.info
Votar favorito (35) | Visto: 9281
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |