Directorio local
Concursos y oposiciones
O CLAG convoca o 8 de maio na Coruña a IV edición do Pitching europeo "I+P, ideas para producir 2008 | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (728 art.) | |
| Antonio (269 art.) | |
| anxo (178 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (22 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (121 art.) | |
| gelines (70 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| O CLAG convoca o 8 de maio na Coruña a IV edición do Pitching europeo "I+P, ideas para producir 2008 |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 03/03/08 | ||||||
|
O pitching é un foro de reunión no que entran en contacto produtores de ideas con potenciais compradores das mesmas. Por iso, o CLAG organiza esta cuarta edición de "I+P, Ideas para Producir" para reunir, por unha banda, a empresas ou participantes individuais que buscan alianzas empresariais para a coprodución dos seus proxectos audiovisuais e, por outra banda, a empresas, produtoras e distribuidoras interesadas en participar na produción, distribución e comercialización dos proxectos presentados. As tres edicións celebradas ata o de agora caracterizáronse polo elevado nivel técnico dos proxectos seleccionados e contaron cun auditorio de importantes canles de televisión, institucións públicas e empresas produtoras e distribuidoras do sector en España e en Europa. De feito, as longametraxes "Mía Sarah", de Formato Producciones, "O neno de barro" de Adivina Producciones e "Abrígate" de Continental son filmes que saliron das edicións I+P celebradas anteriormente. A convocatoria para a presentación de proxectos audiovisuais está aberta en dúas categorias: ficción (longametraxe, tv movies, serie tv, animación) e non ficción (documentais). Poderán participar empresas asociadas ao CLAG, empresas non asociadas e guionistas, produtores ou directores a título individual. Os solicitantes só poderán presentar un proxecto á exposición e a duración de cada exposición será de 15 minutos. As empresas asociadas participarán, por dereito propio, cun proxecto por empresa. Asemade tanto os proxectos presentados por empresas non asociadas como os proxectos dos guións de guionistas, produtores e directores a título individual, someteranse a unha selección que levará a cabo unha comisión proposta polos socios de CLAG. O prazo de inscrición remata o vindeiro día 14 de abril e a lista definitiva dos proxectos participantes e o programa coa distribución horaria das presentacións publicaranse o 28 de abril. O formulario de inscrición e os documentos do proxecto deben ser enviados en formato electrónico ao seguente enderezo de correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla Os interesados poden descargarse o formulario de inscrición aqui e consultar a convocatoria.
Fonte www.clusteraudiovisualgalego.com Votar favorito (40) | Visto: 13957
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons