Insertar tu anuncio no cuesta nada, salvo tu tiempo.
. Registrarte te lleva dos minutos.
Una vez que estés registrado entra con tus datos y podrás escribir cualquier anuncio.
Recuerda que tu eres el propietario de lo que escribas.
Si no encuentras la categoría necesaria donde publicar tu anuncio, sólo tienes que escribirnos un email a
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
solicitándola y en unas horas estará operativa.
|
Axudas a estudantes universitarios para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
06/03/08 |
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ao alumnado universitario matriculado nunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia durante o curso 2007/2008 e destinadas a sufragar parte dos gastos ocasionados pola asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares relacionados coas materias obxecto de estudo na titulación cursada.
Información: Diario Oficial de Galicia de 5 de marzo de 2008
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas durante o curso académico 2007/2008.
Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:
a)
Estar matriculado no curso 2007/2008, en calquera das universidades do
Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en
Galicia, no derradeiro curso dunha titulación de primeiro ciclo; no
segundo ciclo de titulacións de ciclo longo, na etapa de formación do
terceiro ciclo, ou nun programa oficial de posgrao conducente ao título
de máster.
b) Atoparse matriculado, nos plans de estudos
estruturados por créditos, polo menos, en 50 créditos, ou nos que
restan para adquirir a titulación.
c) Posuír unha nota media no
seu expediente académico igual ou superior a 1 punto. No caso de
alumnos de ensinanzas técnicas, a nota obtida polo alumno
multiplicarase por un coeficiente corrector de 1,35 puntos.
d)
Asistir a un congreso, seminario, simposio ou similar, organizado por
universidades públicas, privadas ou outras institucións de recoñecido
prestixio académico no que se traten aspectos relacionados coas
materias obxecto dos estudos que están a realizar.
e) Que as actividades teñan unha duración mínima de 24 horas acreditadas pola entidade organizadora.
As solicitudes, segundo o modelo que se publica como anexo convocatoria, asinadas polo/a solicitante poderán presentarse:
a)
No rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, dirixidas á Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do
Sistema Universitario de Galicia, edificio administrativo San Caetano,
s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ben en calquera dos centros
previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
b) Nos rexistros oficiais das universidades do sistema universitario de Galicia.
c)
Nas oficinas de correos, en sobre aberto, para que sexa datada e selada
polo/a funcionario/a de correos antes de que proceda á súa
certificación postal.
Informacion axunta
Ver convocatoria no DOG
xuventude.net
Votar favorito (45) | Visto: 13947
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |