Chat | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (729 art.) | |
| Antonio (269 art.) | |
| anxo (178 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (22 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (121 art.) | |
| gelines (70 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| FALEMOS DE DROGAS NA CORUÑA |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 14/03/08 | ||||||
|
Falemos de drogas, é unha exposición itinerante que invita a reflexionar sobre as drogas, o seu impacto social, efectos sobre a saúde e a importancia da prevención. Do 14 de marzo ao 3 de abril de 2008 Horarios: de luns a venres de 9.30-14.00 e de 16.00-21.00 h sábados, domingos e festivos de 10.30-14.00 e de 16.30-21.30 h Nos Xardíns de Méndez Núñez A Coruña A exposición itinerante da Fundación La Caixapretende achegarlles a realidade actual das drogas á poboación en xeral e a mocidade en particular. O enfoque da dita exposición é científico e abrangue distintos ámbitos: 1. Que son as drogas 2. As drogas ao longo da historia 3. As rutas da droga 4. Drogas e cerebro 5. Os efectos das drogas, inmediatos e a longo prazo 6. O novo perfil do consumidor 7. A sociedade responde 8. A vida en saúde: ti decides As mensaxes fundamentais da exposición son dúas: - A importancia da información: saber máis significa asumir menos riscos. - Podes facer todo o que che gusta (lecer, cultura, tempo libre) sen droga: ser feliz sen perder a liberdade. As drogas son un obstáculo para un lecer positivo e para unha vida sa. Teléfono información cidadá: 010 / 981 184 278 chamadas desde fóra da Coruña Votar favorito (43) | Visto: 13770
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 14/03/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons