|
A Xunta presenta para 2008 a maior Oferta de Emprego Público da historia de Galicia |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
21/04/08 |
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza presentou hoxe á Mesa de Negociación dos Empregados Públicos unha proposta de Oferta Pública de Emprego (OPE) para o ano 2008, que con 3.284 prazas -2.850 de acceso libre e 433 só con acceso por concurso de méritos- é a maior da historia de Galicia, e duplica en número de prazas á publicada no ano 2005, que era a maior ata a data (con 1.600 prazas).
Do total das prazas, 1.936 corresponden a persoal laboral (das que 1.503 serán por concurso-oposición –sistema de acceso habitual dos laborais- e outras 433 serán de nova creación serán só por concurso de méritos). Ademais, ofertaranse un total de 1.347 prazas de persoal funcionario, das que 64 corresponderanse coa Administración especial -e serán de acceso libre-; e as 1.283 prazas restantes serán de persoal funcionario de corpos xerais ofertadas polo turno de acceso libre (destas 1.283, 435 serán de promoción interna e 100 de promoción por consolidación de grao). + info http://novas.xunta.es/node/9458
Votar favorito (37) | Visto: 8143
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |