Poderán optar a
estas subvencións as asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de
lucro, legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondentes e no
censo de actividades culturais da Consellería de Cultura e Deporte, e con
domicilio social en Galicia, que teñan os seus locais en propiedade.
Prazo: 10
de maio ao 9 de xuño de 2008
Equipamento
subvencionable e contía das axudas:
-Equipamento
informático. Máximo por beneficiario 3.000 euros.
-Equipamento
audiovisual. Máximo por beneficiario 5.000 euros.
-Material
inventariable. Máximo por beneficiario 2.000 euros.
-Equipamento
escénico. Máximo por beneficiario 10.000 euros.
-Mobiliario. Máximo
por beneficiario 5.000 euros.
-Sistemas de
prevención e seguridade. Máximo por beneficiario 5.000
euros.
-Arranxos
interiores. Máximo por beneficiario 10.000 euros.
-Arranxos
exteriores. Máximo por beneficiario 10.000 euros.
A axuda máxima por
beneficiario que concederá a consellería será de 30.000 euros, que en ningún
caso poderá exceder do 70% do proxecto que se vaia desenvolver. A entidade
deberá achegar a diferenza ata acadar o 100% do gasto que se vaia
realizar.
Presentación de
solicitudes: A solicitude e
documentación requerida dirixirase á conselleira de Cultura e Deporte,
consonte o modelo que figura como anexo I, e poderán presentala no rexistro
xeral da Consellería de Cultura e Deporte, nos rexistros das súas delegacións
provinciais ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 38.4º da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común.
Publicación: DOG Nº 89, Venres 9
de maio de 2008
Máis
información: http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/6e954f0381840e66c125744300591616/$FILE/08900D008P053.PDF Delegación Provincial da
Consellería de Cultura e Deporte: Durán Loriga, 3-7º - 15003 A Coruña Tel.: 981
185 691 - Fax: 981 185 891
Votar favorito (37) | Visto: 7665
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |