|
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo solicita reunirse con Medio Ambiente e cos alcaldes |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
28/12/09 |
Representantes da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo rexistraron o 27 de novembro un escrito no Edificio Administrativo de Monelos no que demandan entrevistarse co conselleiro de Medio Ambiente e cos alcaldes dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.
Nestes escritos a a Plataforma indica que como resposta ás 17.000 sinaturas entregadas á Consellaría, esta, anunciou unha serie de actuacións en coordinación cos concellos afectados.
A dia de hoxe, máis alá da propaganda que fan as distintas administracións, non se comproban melloras na situación da Ría, ao contrario, a situación estase a agravar, como recentemente recoñeciu o Delegado Provincial da Consellaría na Coruña.
Do mesmo xeito descoñecense as dotacións orzamentarias destinadas pola
Xunta e polos Concellos afectados para sanear a Ría, detectar, ou pór
fin aos verquidos; ou se a Consellaría e os Concellos van realizar
algunha acción coa partida orzamentaria de un millón de euros que se
destinaron a estes fins nos Orzamentos Xerais do Estado.
Fonte http://riadoburgo.blogaliza.org/
Votar favorito (70) | Visto: 13079
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 28/12/08 )
|