| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (774 art.) | |
| Antonio (300 art.) | |
| anxo (192 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (23 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (129 art.) | |
| gelines (77 art.) | |
| Gradiva (7 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| III Triatlon de Riazor |
|
|
|
| escrito por gelines | ||||||
| 06/06/08 | ||||||
|
(1ª Proba do Circuíto de Campeonato Galego de Triatlón ) Data: Domingo 8 de xuño de 2008. 1ª Saída as 10:00 h - Feminina 2ª Saída as 11:00 h - Masculina Distancias: Sprint: 750 m natación + 20 km ciclismo + 5 km carreira Saída, boxes e meta: Diante do acceso a praia de Riazor (xunto o Praia Club). Recollida de dorsais: Na carpa da organización de 09:00 a 09:30 h. Reunión de delegados dos clubs: Na carpa da organización as 09:30 h. Control de material: De 09:15 a 09:45 h. Premios: Trofeos para os 3 primeiros/as de cada categoría. Premio ós 3 primeiros da clasificación final absoluta masculina e feminina: 1º clasif. 125 euros / 2º clasif. 75 euros / 3º clasif. 40 euros. Normas de competición: A carreira se rexerá segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Triatlón. RUTÓMETRO Praia de Riazor. Concello da Coruña. Como chegar: Entrada na cidade da Coruña e achegarse ata o estadio de Riazor (aparcadoiro recomendado). Boxes, saída e meta fronte o estadio, na Praia de Riazor. A proba comezará as 10:00 h. coa saída feminina dende a Praia de Riazor. Control de material de 09:15 a 09:45 h. Primeiro sector – Natación – 1 Volta – 750 m Saída dende a Praia de Riazor. O percorrido da natación será unha volta a un circuíto trapezoidal marcado por dúas boias, que deberan deixarse por la man esquerda. Segundo sector – Ciclismo – 5 Voltas – 20 km Saída dende os Boxes circulando sempre pola man dereita. Pasando por diante do Estadio de Riazor, seguindo cara a San Roque e comezando o ascenso cara o Millenium. Punto de xiro na segunda rotonda despois do Millenium, e volta cara a Boxes. Circuíto chan agás a forte subida cara o Millenium que debe facerse 5 veces. Mais detalle no plano adxunto. ATENCION: Moita precaución na baixada do Millenium (rotonda perigosa). Terceiro sector – Carreira – 1 Volta – 5 km Saída dende os Boxes pola veira do mar e por detrás do Praia Club cara a rotonda das Escravas. Seguindo polo Carril Bici do Paseo Marítimo ata o punto de retorno, e volta cara a Meta (xunto os Boxes). Circuíto chan ata chegar o inicio da forte subida cara o Millenium. Organiza:Club Triatlón Coruña - tririazor@ gmail . com Federación Galega de Triatlón - fegatri@ hotmail . com Fonte e + info en fetagri.org Votar favorito (41) | Visto: 5101
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML |