| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (774 art.) | |
| Antonio (300 art.) | |
| anxo (192 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (23 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (129 art.) | |
| gelines (77 art.) | |
| Gradiva (7 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| Axudas a transportistas de idade avanzada de Galicia que abandonen a actividade |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 07/09/08 | ||||||
|
a) Os transportistas autónomos cuxa actividade sexa o transporte de mercadorías por estrada e se comprometan a abandonar esta, renunciando a todas as autorizacións de transporte público de que fosen titulares, a partir do 10 de xuño de 2008. b) As persoas que reunisen á actividade do transporte de mercadorías por estrada a través da baixa de todas as autorizacións de transporte público de que fosen titulares no período que vai do 4 de decembro de 2006 ata o 10 de xuño de 2008. O prazo de presentación remata este 11 de setembro de 2008. Contía das axudas: a) 500 euros por cada seis meses completos que lle queden ao transportista para cumprir a idade de sesenta e cinco anos, no caso dos beneficiarios do tipo a), ou que lle quedasen no momento da renuncia, no suposto b). O cómputo dos semestres completos farase a partir do 1 de xuño do exercicio para o que se piden as axudas ou daquel en que se efectuou a renuncia, segundo o caso. b) Se o solicitante fose titular dunha autorización de transporte público de mercadorías habilitante para realizar transporte con calquera clase de vehículo, 3.000 euros. c) Se o solicitante fose titular dunha autorización de transporte público de mercadorías exclusivamente habilitante para realizar transporte con vehículos lixeiros, Solicitudes e presentación: Os impresos de solicitude poderán descargarse na páxina web da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (www.cptopt.xunta.es), ou ben recollerse nas seguintes dependencias administrativas: Dirección Xeral de Transportes ou Servizos Provinciais de Transportes da Coruña. As solicitudes presentaranse preferentemente no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (praza de Europa, 5-2º andar, Área Central- As Fontiñas, Santiago de Compostela). Poderán, así mesmo, presentarse por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. + info DOG nº 111, martes 10 de xuño de 2008 www.cptopt.xunta.es Tlf: 981 544 502 e 981 544 582 Enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla Votar favorito (47) | Visto: 12370
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 07/09/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML |