Poco a poco iremos incluyento los lugares típicos de nuestra localidad. Si conoces alguno interesante, envíanoslo a webxoven@gmail.com y será incluído.
|
O Sergas tamén se apunta á "moda" dos 902 |
|
|
|
|
escrito por El enterrador
|
|
17/06/08 |
Pois o que faltaba, que o Sergas, o Servizo Galego de Saúde que pagamos todos/as vía impostos, se apunte á moda das chamadas ós números 902. Como ben sabedes, estes números non son gratuitos nin polo forro, senón todo o contrario. Pase que as listas de espera sexan máis longas có periodo de xestación do sapo africano, pero esto xa é o cachondeo sanitario no país de Breogán. Que ocurrencias teñen!. Pois como vemos que gañar cartos á costa da saúde lles parece unha boa idea, ahí vai algunha outra idea:
- En vez de ambulancias, trasladar aos enfermos no clásico carro de vacas. É máis ecolóxico e consume menos.
- En vez de anestesia volver ó clásico garrotazo. É máis eficaz e non se precisa anestesista titulado.
- En lugar de comer nos hospitais, que cada un leve o seu propio bocata.
- No quirófano sustituir as lámparas pola clásica vela ou cabuxo; entre corte e corte ata pode o ciruxano encender un cigarriño.
- Para os máis modernos pódese crear a web www.compartetusaspirinas.com
En fin, un conxunto de medidas que de seguro non se lles ocurriron a estes lumbreras, pero que aquí estamos nós para asesoralos. Pero se "pasades" de chamar a números 902 coma min, vos recomendo a web www.nomasnumeros900.com. Alí vos poderedes informar máis e mellor sobre estes números.
Votar favorito (39) | Visto: 1830
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |