03/12/08Inicio

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (743 art.)
Antonio (281 art.)
anxo (184 art.)
arrevoire (3 art.)
censuras (22 art.)
charliepujol (1 art.)
El enterrador (122 art.)
gelines (72 art.)
osmallos (3 art.)
paco (20 art.)
san benito (3 art.)
sandra (5 art.)
Thor (12 art.)

Webs amigas

 


Google

I Baixada Popular de Cross, A Coruña PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por anxo   
23/06/08
A I Baixada Popular de cross é unha carreira popular a pé, de índole competitivo e caráter eminentemente lúdico, aberta a todas as persoas que o dexesen, de cualquer idade, xénero e condición física, co fin de resaltar os beneficios que a práctica sa dunha actividade física proporciona.
Data: domingo, 29 de Xuño de 2008
Hora: 11:00 h
Lugar: San Pedro de Visma, A Coruña
Distancia: dende 100 ata 5.500 m
Organiza: Asociación de Veciños San Pedro de Visma
Inscripción: ata o 27 de Xuño ás 21:00 horas

Horario e categorías (ano de nacemento)
11:00 h Cadete (93-94), Xuvenil (91-92), Junior (89-90), Senior (88 ata veteráns), Veteráns A (68-50) e Veteráns B (49 e anteriores).
11:45 h Benxamín (99-00), Alevín (97-98) e infantil (95-96)
11:55 h Pitufiños (01 e posteriores)

INSCRICIÓNS: ata o 27 de Xuño ás 21:00
Na sede da Asociación de Veciños de San Pedro de Visma, cubrindo os datos no tríptico da carreira, ou enviando fax do boletín ó 981 272 425
No Pazo de Deportes de Riazor, entregando o boletín de inscrición cuberto
Na Federación Galega de Atletismo, entregando o boletín de inscrición cuberto ou enviando fax do boletín ó 981 292 056.

TODAS AS INCRIPCIÓNS DEBERÁN FACER CONSTAR OBRIGATORIAMENTE OS SEGUINTES DATOS:
Nome, apelidos, nº DNI ou pasaporte, data e lugar de nacemento, sexo, teléfono de contacto, número de licenza FGA (se é federado)

Data e lugar de recollida de dorsais:
O mesmo día da carreira, na zona habilitada coma secretaría, dende as 9:30 ata as 10:30

Zona de Saída e Meta:
Nas inmediacións do Centro Cívico de San Pedro de Visma.

Percorrido.
Pechado ó tráfico, de unha volta de 5.500 metros aproximadamente (Saída no Centro Cívico, volta ó Parque de Bens e regreso ó Centro Cívico).

Distancias.
Mulleres e homes correrán xuntos.
Biberóns: 100 metros
Benxamín e Alevín: 300 metros
Infantil: 600 metros
Resto de categorías: 5.500 metros.

Os participantes deberán situarse na zona de saída 5 minutos antes do comezo da súa proba, por detrás da liña de saída.

Clasificacións.
Por categorías.
Premios. Mulleres e homes.
1ª Clasificad@: Trofeo
2ª Clasificad@: Medalla
3ª Clasificad@: Medalla

Trofeo ó corredor máis novo
Trofeo ó corredor máis veterán
Trofeo á entidade que aporte máis corredores.

Entrega de premios.
Terá lugar ás 12:30 horas no escenario habilitado para tal fin nas inmediacións da zona de saída.

Servizo de duchas.
No Centro Cívico de San Pedro de Visma.

Ocupación da Vía Pública.
Cumprimento das actuais normativas de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contratación dun Seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de Accidentes para os participantes.

Está prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda (bicicletas, patíns). A non observancia desta norma implicará a descalificación dos deportistas acompañados.

Control de Resultados.
A carreira estará controlada ó longo de todo o percorrido polo Comité Galego de Xuíces que rexistrarán tempos de chegada.

O control de chegada non se pechará ata que cheguen a meta todos os participantes.

Camisetas e agasallos.
Os participantes que crucen a liña de meta, recibirán unha camiseta conmemorativa da carreira, ata esgotar existencias. As categorías de menores tamén recibirán outros agasallos ó rematar a carreira.

Reclamacións.
As reclamacións poderanse facer directamente ó xuíz árbitro da competición. Todo o non disposto neste regulamento resolverase polo da Federación Galega de Atletismo.

INFORMACIÓN:
AAVV. San Pedro de Visma (10:00 a 14:00 e 16:30 a 21:00). Teléfono: 981 272 425
Mail: loureirovisma (arroba) telefonica (punto) net
Concello da Coruña: www.coruna.es/deportes

Federación Galega de Atletismo.
Teléfono: 981 291 683
Mail: secgeneral (arroba) fgatletismo (punto) com
www.atletismogalego.org
Vía correrengalicia.org

Votar favorito (33) | Visto: 5267

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons