Regístrate y envía artículos, noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
|
Adianto informativo da II edición do Concurso COID-ARTE |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
27/06/08 |
A Rede de Apoio á Autonomía Persoal COIDANET convocará próximamente a II edición do Concurso COID-ARTE, para este ano presenta importantes cambios que pretenden ampliar o número de persoas participantes. A continuación adiantamos as principais novidades.
1.- MODALIDADES:
- Novas categorías de concurso para as persoas usuarias de COIDANET na modalidade creativa:
- Fotografía: En branco/negro ou cor, técnica libre e unhas dimensións máximas de 20x25 cms.
- Pintura: Técnica, estilo e soporte libres, cunhas dimensións máximas de 75x75 cms.
- "MISTUR-ARTE":
Obras ou produccións que non se poidan incluír nas dúas categorías
anteriores, tales como traballos de cesteiría, coiro, estaño,
bordado,...
- Mantense o apartado de "boas prácticas":
Para este ano as entidades participantes presentarán unha curtametraxe
de video, na que do xeito máis orixinal posible amosarán a experiencia,
programa ou actividade a concurso. A presentación terá unha duración
máxima de 5 minutos.
2.- NOVOS PREMIOS:
- 1º premio: 900 €.
- 2º premio: 700 €.
- 3º premio: 500 €.
3.- LEMA:
Para este ano o concurso presenta o lema "Podemos, facemos, participamos". Todas as obras presentadas deben estar inspiradas ou relacionarse co lema.
4.- PARTICIPANTES:
Na modalidade creativa poderán presentarse todas as persoas rexistradas en COIDANET,
galegas ou non, con residencia efectiva nalgún municipio de Galicia.
Así mesmo, tamén poderán participar no concurso todas as persoas
galegas e descendentes que residan fora das fronteiras de Galicia.
Na modalidade de "boas prácticas", poderán
presentarse entidades públicas ou privadas que leven a cabo proxectos
relacionados coa promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas
en situación de dependencia.
5.- PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo pecharase o próximo 30 de setembro e en próximas datas comunicarémosvos a súa apertura.
ANIMÁDEVOS E IDE PREPARANDO OS VOSOS TRABALLOS.... ESTE É UN CONCURSO PARA TODOS/AS!!! www.coidanet.com
Votar favorito (19) | Visto: 4436
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |